O proceso Refundando a esquerda continua a súa andaina

Como ben sabedes o punto de partida deste proceso foi o pasado 5 de xuño, no acto que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, que viu a súa continuidade na Iª Xuntanza Aberta que se levou a cabo no Centro Sociocultural e Xuvenil “O Ensanche” o 19 de xuño.


Nesta xuntanza, ademais de escoller o Grupo Motor, decidiuse crear catro foros; Ecoloxía, Memoria Histórica e Cultura, Feminismo e Economía Social.

Para proseguir co traballo iniciado, o pasado 21 de agosto os integrantes do grupo motor do Proceso Refundando a Esquerda reuníronse, en Santiago de Compostela, para artellar o comezo destes foros e regular o seu correcto funcionamento.

E do diálogo mantido nesta xuntanza saíron os seguintes acordos:

1.- Promover a creación de foros comarcais
2.- Foro de ecoloxía
2.1.- Confírmase a data de 2 de outubro para a súa celebración
2.2.- O foro terá a estrutura de mesa redonda consistente en ponencias (30' aprox.), debate (45' aprox.) e conclusións (20' aprox.).
3.- Celebración dun foro de Memoria Histórica e Cultura o 20 de novembro