Co I Encontro de Ecoloxía, o proceso de Refundando a esquerda comeza o desenvolvemento dos foros nacionais. O devandito encontro celebrarase o vindeiro sábado, 2 de outubro de 2010, as 10:00 h. no Centro Sociocultural de Fontiñas, sito na rúa Berlín, 13 de Santiago de Compostela.A continua agresión que o medio natural está a sufrir a mans dun sistema económico baseado nun produtivismo esaxerado e grotesco, fai necesaria unha urxente confluencia de todos os sectores sociais que estean dispostos a traballar para reverter esta situación. O movemento ecoloxista xunto coa esquerda alternativa e transformadora teñen moito que dicir e facer pola consecución desta confluencia que facilite a articulación das ferramentas adecuadas para o desenvolvemento dunha loita eficaz, tanto nas rúas como nas institucións, contra a degradación do medio ambiente.
Xa que logo, estades todas e todos convidados a participares no I Encontro de Ecoloxía para establecer as Bases ecoloxistas para unha sociedade con futuro





0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada