Nesta ocasión, foron persoeiros da cultura como Herminio Barreiro, Xoán Abeleira e Suso Basterrechea os que acompañaron á Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz na presentación do acto principal da Refundación da esquerda que se desenvolverá o sábado 5 de xuño as 11:30 h. no Teatro Principal de Compostela.
Yolanda Díaz deu unhas pinceladas sobre o proceso de Refundación da Esquerda "Abramos a porta, deixemos que entre o aire e sexamos quen de chegar a un punto de encontro entre os homes e mulleres de esquerda” posteriormente indicou a listaxe de participantes, que ademais dos participantes nesta rolda de prensa serán: Xabier Ron, activista social e político; Miguel Fernández, voceiro do Foro da Emigración e portavoz da Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Daniel Salgado, poeta e xornalista, Mariluz Maset Catalá, da Marcha Mundial das Mulleres; Ricardo Castro Buerguer, secretario xeral da CUT; Eliseo Fernández, historiador e militante libertario; Mariluz Canal, avogada militante nos movementos sociais; Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia Galega;Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO; Mariano Abalo, secretario xeral da FPG; e Cayo Lara, coordinador federal de IU.
Díaz explicou a estrutura do acto que se basea en catro bloques de actuación: xente da cultura a título individual; movementos sociais, as organizacións sindicais CUT e CC.OO; e as políticas EU e FPG. Porén, pretende ser aberto e non está pechado a novas incorporacións. "Colectivamente está convidado todo o mundo, porque o importante virá nos traballos colectivos posteriores ao acto”.
Asemade, indicou que a "fragmentación da esquerda", o "desencanto" e a "desmobilización social" non poden nin van poder co "potencial democrático da sociedade galega" que "continúa a ser enorme". Por iso este diálogo, que dará os seus froitos nos foros de debate "autoxestionados" nos meses vindeiros; por iso, fornecido por un "abano ideolóxico moi amplo".
"Obviamente, temos que confluír con esas xentes críticas do BNG, que as hai e moitas, e con esas do PSdeG-PSOE que están a berrar contra as políticas económicas que se están a levar adiante. O causante do que está a ocorrer en Galiza e no mundo, non o podemos esquecer nunca, é o sistema capitalista, aínda que ás veces se presente con nomes diferentes", argumentou Yolanda Díaz.
O Poeta e escritor Xoán Abeleira, pola súa banda, destacou o "loábel" da iniciativa, sobre todo nestes "tempos escuros" en que -parafraseando a Godard- "nos achegamos á nada". O que será o condutor do acto no Teatro Principal dixo que o sistema capitalista nos levou a unha "calella sen saída". "Ao final desta calella érguese un muro que cómpre derrubar con picos; non é o momento de discutir de que cor son estes picos".
O Profesor Herminio Barreiro afirmou que "é o momento de refundar, de reescribir e reformular todo o que haxa que reescribir e reformular" nun proceso en que "todos temos a palabra" e como "alternativa ás opcións políticas actuais que non son a solución óptima". Tamén o escultor Suso Basterrechea incidiu nesta idea, e sinalou que Reformulando A Esquerda permitirá "acomodo á xente que non o atopa noutros ámbitos".
Ante a pregunta: É a creación dunha nova formación política o fin deste proceso? Yolanda Díaz contestou "Chegaremos onde os movementos sindicais, políticos, ecoloxistas, feministas, onde os homes e mulleres de esquerda queiramos chegar".

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada