"Creamos Alternativas, Construímos Movemento, Refundamos A ESQUERDA"
En paralelo co proceso Refundando a esquerda na Galiza, Izquierda Unida federal puxo en marcha un proceso de Refundación da esquerda social e política, un proceso de converxencia que pretende construír un bloque alternativo ao neoliberalismo. Ante a situación política, económica e social existente, faise aínda máis necesaria unha ampla converxencia de organizacións, persoas e forzas de esquerdas para dar resposta aos ataques que sofre a maioría social e a clase traballadora, desde as institucións internacionais, a dereita política e económica e desde o Goberno.
Dentro deste proceso atópase a I Asemblea de Refundación da esquerda política e social, cuxo principal obxectivo é empezar a elaborar un programa estratéxico de esquerdas. Pretendemos iniciar un debate político no que participen activistas sociais e políticos que se foron vinculando durante estes meses ao proceso a través dos Foros, representantes de organizacións sociais e sindicais e militantes de Esquerda Unida.
A devandita Asemblea desenvolverase o 26 de xuño en Fuenlabrada, Madrid, e contara con presenza dunha delegación galega formada por 13 persoas algunhas pertencentes a Esquerda Unida e outas que proveñen de distintos ámbitos da esquerda social.
Máis información

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada