Compareceu ante os medios unha comitiva da Executiva Nacional de Esquerda Unida formada por a coordinadora nacional, Yolanda Díaz, o secretario de organización, César Santiso, o responsable de movementos sociais, Xabier Ron, e o responsable de Refundación, Jorge Gil Morabes.
A rolda de prensa que tivo lugar na Galería Sargadelos de Compostela serviu para presentar o acto principal do proceso de Refundación da esquerda iniciado por Esquerda Unida. Yolanda Díaz, despois de insistir na necesidade de camiñarmos cara a unha alternativa ao capitalismo para dar esperanza á sociedade, procedeu a describir os trazos esenciais da natureza do acto que se desenvolverá o 5 de xuño as 11:30 h. no Teatro Principal de Compostela. A coordinadora nacional fixo fincapé nas características do proceso: trátase dun proceso aberto, dinámico, de diálogo, de encontro e confluencia coa multitude de persoas e organizacións dos máis diversos eidos políticos e sociais de Galicia.
Díaz enumerou aos distintos persoeiros que tomarán a palabra no acto, amais de insistir en que asistirán outras moitas persoas e organizacións desexosas de que, por fin, a esquerda rache coa fragmentación e atomización na que viven hoxe en día, e camiñe cara un novo horizonte político e social. CCOO, CUT, STEG, Marcha Mundial das Mulleres, Sinerxia, FPG, e EU son as organizacións que teñen confirmada a súa intervención xunto a Eliseo Fernández, representante do movemento libertario, e persoeiros da cultura, o ensino e os movementos sociais como Herminio Barreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Mariluz Canal, Daniel Salgado ou Xoán Abeleira. Aínda Restan por confirmar outras relevantes intervencións de personalidades de diferentes eidos da vida social.
Finalmente, Xabier Ron incidiu na necesidade de artellar unha alternativa que poida plantar cara ao pensamento único neoliberal diante da actual crise sistemática capitalista. O responsable de movementos sociais fixo fincapé en que o proceso que se está a desenvolver será longo e difícil pero á vez ilusiónante, xa que logo, pretende formar unha fronte ampla social de esquerdas que sexa quen de ilusionar á cidadanía, porque non cabe dúbida de que hai alternativa ao capitalismo.





0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada